En portadaÚltima hora

Nove ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, un menos que onte

Mantense a tendencia á baixa nos casos activos da provincia cun total de 825, 31 menos que onte

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Novo descenso nas cifras de ingresos por coronavirus no Hospital de Valdeorras. Segundo os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 14 de novembro), son nove os ingresos en planta de pacientes con Covid-19 no centro barquense, é dicir, un menos que onte.

Ademais, o Hospital de Verín baixa a 3 ingresos en planta (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 58 (2 máis que onte) en planta e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte).

Mantense, así mesmo, a tendencia á baixa nas cifras totais de casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, con 825 casos (31 menos que onte). Deste total, 70 están hospitalizados en planta (a mesma cifra de onte) e 12 en UCI (2 menos que onte). E tamén se aprecia un lixeiro descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 39 (fronte aos 43 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.115, con 6.022 curados e 267 falecidos (os dous últimos, comunicados onte, na Residencia Nosa Señora dos Miragres en Barbadás). Polo de agora lévanse realizado 104.839 probas PCR.

9.298 casos activos en Galicia, 256 menos que onte

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.298 (256 menos que onte), deles 1.820 son da área da Coruña, 1.062 da de Lugo, 825 da de Ourense, 1.267 da de Pontevedra, 2.442 da área de Vigo, 1.041 da de Santiago, e 841 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 105 están en UCI, 473 en unidades de hospitalización e 8.720 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 35.003 persoas curadas, rexistrándose 1.062 falecementos. O número de PCR realizadas é de 797.998.

Artigos relacionados

Back to top button