DeportesKárateÚltima hora

Nove karatekas do River Stone O Barco competirán en Ávila na primeira xornada da Liga Nacional 2024

Raúl Pérez Panizo facendo unha cata./ Foto cedida.

 

A Liga Galega de Karate leva xa dúas xornadas disputadas con moi bos resultados para os karatekas valdeorreses, pero a nacional arrincará na fin de semana do 3 e 4 de febreiro. A primeira xornada será en Ávila e contará con 26 deportistas de 8 clubs galegos, das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil, entre eles o KC River Stone.

O club barquense que dirixe Nicolás Rodríguez é o que máis deportistas aporta á xornada, cun total de nove: Eric Rodríguez Carballo, Manuel Blanco Blanco, Raúl Pérez Panizo, Nazan Barreda Fernández, Diego Prada Rodríguez, Laia Yáñez González, Cloe Yáñez González e Aina Moral Castro.

 

Artigos relacionados

Back to top button