En torno ás sete da tarde deste martes 14 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na N-120, a altura do concello de Rubiá, a causa dun xabarín no que se vía implicado un vehículo que circulaba dirección Ponferrada e impactaba co animal.
Ata o lugar dos feitos desprazábase a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia que trasladaba ao Hospital Público de Valdeorras á única ocupante do vehículo sinistrado.