ConcellosÚltima horaVilamartín

Novo accidente de tráfico provocado por xabaríns na N-120, ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras

 

Vense cruzando a estrada case todas as noites e en numerosas ocasións resultan atropelados debido á escasa visibilidade, provocando importantes danos nos vehículos. Na noite do venres 31 de xaneiro producíase un novo accidente de tráfico na N-120, ao seu paso polo concello de Vilamartín de Valdeorras, a causa de dous xabaríns.

Un deles quedaba ao pé da estrada e o outro xa non non o vían, tal como indican dende Protección Civil de Vilamartín, o único servizo de emerxencia que acudía ata o lugar dos feitos.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button