CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Novo concerto do ciclo ‘Terraceo de Verán’, esta noite na Pobra de Trives

Days Cone actuarán na praza Doutor Paz a partir das 22 horas

 

Continúa o ciclo ‘Terraceo de Verán 2022’ cun novo concerto esta noite na praza Doutor Paz ás 22 horas. Nesta ocasión chega á Pobra de Trives o grupo Days Cone, banda de rock/ pop/ indie de procedencia ourensá, formados todos os seus integrantes en La Casa de la Música, unha escola que dirixe Fernando Calvo guitarrista de Los Suaves. Esta formación iniciou os seus pasos alá polo 2018 e dedícanse principalmente á interpretación de versións clásicas dos 80 ata a época actual, dándolle a todas elas un toque persoal do grupo que as diferencian das orixinais.

O concerto en Trives e como todos os do ciclo son de balde e financiadas na súa totalidade polos promotores, A Cantina do Catro e A Cervexería Boliche.

Artigos relacionados

Back to top button