SanidadeÚltima hora

Novo curso formativo para a vacinación contra o Covid-19 para persoal de enfermería de Atención Primaria

Esta acción formativa curso desenvolverase na modalidade de autoformación e estará dispoñible os días 9, 10 e 11 de marzo a través da aula virtual da ACIS

Publicidade

 

O Servizo Galego de Saúde inicia mañá un novo curso de formación para a vacinación contra a Covid-19, destinado o persoal de Enfermería dos servizos de Atención primaria do Sergas. “O obxectivo do curso é que o conxunto de profesionais de Enfermaría de primaria coñezan as características das vacinas, a súa loxística e as especificidades na súa administración”, tal e como se informa dende Sanidade.

Así, e de acordo co previsible incremento do número de vacinas que recibirá Galicia nas vindeiras datas, as persoas que completen esta actividade formativa poderán reforzar ao equipo de 200 enfermeiras que, desde o pasado 27 de decembro, desenvolven tarefas específicas de vacinación contra a covid-19.

Durante os días 9, 10 e 11 de marzo, os preto de 2.700 profesionais desta categoría sanitaria poderán acceder ao este ciclo de autoformación, que estará dispoñible na aula virtual da Axencia de Coñecemento da Saúde (ACIS). Neste senso, cómpre sinalar que os enfermeiros e enfermeiras do sistema público galego disporán de dúas horas, dentro do seu horario laboral, para acceder a plataforma. Ademais, unha vez superado o curso, ACIS remitirá ao Expediente-e (FIDES) un certificado de superación daqueles profesionais que finalicen con éxito a formación.

O conselleiro de Sanidade enviou está mañá unha mensaxe de recoñecemento para persoal sanitario e non sanitario do Servizo Galego de Saúde pola “súa entrega sin límites”, e amosouse convencido de que “grazas a súa experiencia, a súa valía profesional e a súa implicación” o “camiño será máis doado e culminarase con éxito este proceso”.

Artigos relacionados

Back to top button