EconomíaEconomíaÚltima hora

Novo emprazamento da tenda “Deportes e Bicis Chapi” no Barco

O local está na avenida Conde Fenosa, número 24

 

A tenda barquense “Deportes e Bicis Chapi” cambiou recentemente o seu emprazamento habitual. O novo local permanece na mesma rúa, na avenida Conde Fenosa, pero dende agora estará no número 24. A tenda oferta moda sportwear así como equipación e materiais de diversos deportes como ciclismo, running, trekking, fitness, tenis, baloncesto, fútbol e natación. Tamén contan cun servizo de venta e reparación de bicicletas.

 

Imaxe do interior da tenda.

 

Cristina Dominguez, propietaria e concelleira de Parques e Xardíns no Barco afirma que a liña da tenda é a mesma de sempre pero que quixeron apostar tamén por empresas galegas. Este é o caso de “Amor Por Favor”, unha marca de roupa e complementos de aspecto novedoso e orixinal e que está gañando popularidade entre futbolistas e cantantes. “La Maldita Buena Suerte” é outra marca, de orixe coruñés, centrada especialmente en equipación de bicicleta pero que tamén ofrece roupa, destacando os seus rechamantes calcetíns. Dominguez afirma que traballan aos mesmos prezos que as páxinas webs de estas casas e que dende a tenda poden pedir calquera produto dispoñible. “Creemos que está funcionando ben porque xa houbo xente que encargou camisetas”, continúa.

A tenda permanece aberta de luns a venres nun horario de 10:00h a 13:30h e de 17:00h a 20:30h. Os sábados o horario é unicamente de mañá. Pódese contactar con “Bicis y Deportes Chapi” a través do número de teléfono 988 34 78 25 ou vía correo electrónico a bicischapi@hotmail.com.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button