Volven subir, aínda que de forma moderada, os positivos de coronavirus no municipio do Barco. Dos 47 casos activos comunidados o pasado venres 23 de outubro, vén de pasarse neste luns a un total de 49, segundo os datos que o Sergas lle comunicou ao Concello do Barco esta mañá. O pasado domingo eran 51 os casos activos notificados.
Ademais, O Barco mantense en nivel de alerta 3 (vermella) no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade tendo en conta os novos casos confirmados por probas PCR nos últimos 7 días. No municipio do Barco son máis de 21, segundo Sanidade.