En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Numerosa asistencia na Romaría do San Xil Vello en Casaio

Os actos comezaban ás 12:30h. deste 1 de maio coa procesión do santo e continuaban coa misa e, finalmente, co tradicional xantar no exterior da capela

O día acompañaba e eran moitos os veciños de Casaio (Carballeda de Valdeorras) os que se animaban a participar na Romaría do San Xil Vello. Algúns ían camiñando, e outros en todoterreo, ata a fermosa paraxe a uns mil metros de altura na que se asenta este pequeno templo. O lugar está enmarcado polos cumes de Trevinca e moi preto do Teixadal.

Primeiro tiña lugar a procesión coa imaxe do santo, despois dous sacerdotes oficiaban a misa no interior da capela. A romaría continuaba cun xantar no exterior, con todo tipo de viandas (entre elas carne á grella), aproveitando este espléndido día 1 de maio. Con xenerosidade e nun ambiente moi agradable os veciños compartían o seu xantar cos visitantes.

Ademais a romaría deste ano completábase dunha actividade moi especial. Os membros do equipo de investigadores de Sputnik Labrego realizaban visitas guiadas para que os veciños de Casaio puidesen gozar dunha das mostras máis significativas do seu patrimonio: o maior conxunto de pinturas esquemáticas de época prehistórica en Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/visitas-guiadas-para-os-vecinos-as-pinturas-esquematicas-prehistoricas-de-casaio/

Artigos relacionados

Back to top button