CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Numeroso público asiste á función benéfica das IX Xornadas de Teatro da Rúa

O grupo Teatro Experimental Flaviense de Chaves conquistou ao público coa comedia A criada do Faustino

Moi solidario foi o domingo 25 de novembro en Valdeorras. No Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, con actividades en diferentes puntos, Vilamartín de Valdeorras acollía pola mañá a I Carreira e Andaina das Cidades para loitar contra o cancro de páncreas e, xa pola tarde, era A Rúa a que acollía un acto benéfico a favor de Cruz Vermella.

Desta volta era no marco das IX Xornadas de Teatro-Memorial Tito Macías organizadas pola Asociación Cultural A Ruada, que programaban para esta tarde a segunda función do programa que se estenderá ata o 30 de decembro. O día 18 abría as xornadas o grupo Candea de Viana e hoxe era o grupo portugués Teatro Experimental Flaviense de Chaves o que se subía ao escenario conquistando, ao númeroso público coa obra A Criada do Faustino.

Rui Pinto no papel de “Cornélio”, Beta Rodrígues como “criada”, Rufino Martins como “Carlos-primo” e Marilia Ruivo no papel de “Serafina” foi o elenco desta desternillante comedia baseada na obra O criado de Tavares de André Brum, en torno a unha peculiar taberna e os segredos que alí se agochan, da man dunha criada que alí traballaba e pouco sabe dos devaneos dos señoritos para os que comeza a traballar…

O broche musical da sesión cuxa recadación irá destinada a Cruz Vermella Valdeorras, corría a cargo de Abertal e o seu coro. A seguinte sesión das xornadas será o 2 de decembro ás 18h. a cargo de Augas do Sil de San Clodio coa obra Un día nas portas do ceo.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas da galería.

Artigos relacionados

Back to top button