ConcellosO BarcoÚltima hora

O 15 de abril rematará o prazo para usar a tarxeta “Máis Barco”, despois desactivarase

Deste xeito o Concello amplía o período inicialmente previsto para o seu uso, que remataba o 31 de marzo

 

Logotipo que identifica aos establecementos participantes na campaña./ Foto: A.R.

 

Ata 15 de abril poderá seguir usándose a tarxeta da campaña “Máis Barco”. O Concello do Barco (promotor da iniciativa xunto a Asociación Empresarial de Valdeorras e ao Barco Centro Comercial Aberto) vén de ampliar o prazo inicialmente establecido o para usar estas tarxetas, que era o 31 de marzo.

“Co fin de conseguir ou obxectivo marcado con esta campaña de promoción do comercio e a hostalería, e que non é outro que animar ao consumo e mobilizar 250.000 euros en total, decidiuse ampliar ou prazo para a súa utilización”, sinalan dende o Concello do Barco.

Tendo en conta ademais que, precisamente o 1 de abril comeza a Semana Santa, e que “pode ser unha boa oportunidade para dinamizar a hostalería, decidiuse adoptar esta medida”, destaca o Concello do Barco.

Aemais destácase que o “día 16 de abril, todas as tarxetas emitidas, tanto as que teñan ou saldo íntegro como as que teñan algún resto non utilizado, quedarán desactivadas definitivamente”.

Artigos relacionados

Back to top button