49 Rallye Ourense TermalDeportesÚltima hora

O 26º Madrugón dará a benvida ao Día do Cristo no Barco de Valdeorras

A cita será mañá, 14 de setembro, ás 8 horas na Capitana, á beira do río Sil
Participantes na anterior edición do Madrugón do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

A medio camiño entre o apartado lúdico e o deportivo, ineludible e tradicional, se sitúa o Madrugón. Unha cita que marca o comezo do Día do Cristo no Barco de Valdeorras, o 14 de setembro.

Mañá, cos albores do día, en torno ás 8 da mañá, os participantes (uns recén levantados, outros chegados directamente dunha noite de festa), concentraranse no punto de saída, A Capitana, para comezar a carreira que os levará río abaixo, por uns 300 metros de distancia ata a praia fluvial no Malecón onde, os familiares e amigos que teñan a ben acompañalos, esperarán coas toallas e a roupa preparada. Porque se hai algo que caracterice esta proba, é a valentía que ano tras ano demostran os participantes. Xa non se trata unicamente de madrugar senón de soportar as baixas temperaturas da mañá e sobre todo do río que a mediados do mes de setembro son pouco menos que xélidas, antes da saída do sol.

E tralo chapuzón, coma sempre o premio máis gratificante será un bo chocolate con churros, momento no que se fará entrega dos premios. O ano pasado por ser o 25 aniversario, engadíronse unha serie de premios que se manteñen este ano así como algún novo, para seguir incentivando a participación. Ademais dos trofeos ao mellor nadador e nadadora, este ano haberá tamén para os primeiros menores de 15 anos (nena e neno). E despois haberá un agasallo para o traxe de baño máis orixinal (masculino e feminino); un xamón para o conxunto con traxes de baño máis orixinais; outro para a familia que máis membros presente; e outro para o club que presente mais deportistas. Como novidade, nesta 26 edición do Madrugón en lugar do tradiconal polo conmemorativo, entregarase unha toalla a cada participante.

Artigos relacionados

Back to top button