
Con 34 campionatos do mundo de Trial e máis de 80 títulos en total, Toni Bou ocupa xa un lugar destacado no olimpo dos mellores deportistas de todos os tempos a nivel mundial. E aproveitando que na fin de semana estivo na Estación de Montaña Manzaneda, estreando unha nova área para a práctica de esta espectacular disciplina, o Cocnello da Pobra de Trives aproveitou a oportunidade para sumar a súa firma ao libro de honra, pero tamén ofrecerlle degustar un dos produtos máis representativos desta terra, a bica.

Ademáis de Bou, piloto oficial do equipo Montesa Repsol-Honda, tamén asinaron no libro de honra os outros dous pilotos que participaron na inauguración deste circuíto de trail, con 9 áreas distintas: o galego Jorge Casales, piloto oficial Scorpa, subcampión de España e campión do mundo jr, e Rodrigo Marchal, piloto oficial Electric Motion, campión de España TR3.
A alcaldesa, Patricia Domínguez, e o tenente de alcaldesa, Aarón Álvarez, participaron na cerimonia de entrega de premios, mentres que e o concelleiro de deportes, Fermín Santoveña, entregoulle aos tres pilotos as bicas de Trives.