CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O 36º Encontro de Poetas despídese coa homenaxe a Pepy G. Clavijo e a cea de confraternización

 

Na noite deste sábado 6 de xullo celebrábase no Centro Cultural Avenida da Rúa a segunda e última xornada do 36º Encontro de Poetas que reunía na fin de semana a máis de trinta persoas chegadas dende diferentes partes de Galicia e tamén do Bierzo e mesmo doutros países.

 

 

Se na xornada inaugural era Antonio González Guerrero o protagonista da homenaxe polo 20º aniversario do seu pasamento, na xornada de clausura as palabras de María Carmen Gago eran para Pepy G. Clavijo de Pontevedra, outra das amigas presente en moitos dos encontros, incluído neste. Despois da benvida aos asistentes por parte de Emilio Vega, que facía un repaso pola historia do encontro e destacar o valor das palabras e da música, era a propia Pepy quen subía ao escenario para dar lectura a algún dos seus poemas.

 

 

Nesta xornada lian os seus poemas unha vintena de poetas contando coa música da Rondalla Sones de Cuá de Cacabelos e rematando, como vén sendo habitual, coa entrega de galardóns aos participantes e a cea de confraternización.

Fotos e vídeos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button