Queda menos dunha semana para o 53 Rallye de Ourense. Un rallye diferente que se desenvolverá nun só día, o sábado 25 de xullo, e constará de catro tramos cun total de 123,4 quilómetros.
Así, o primeiro tramo comezará en Expourense ás 08:00 e rematará cun reagrupamento de 20 muntos no Xardín do Posío, onde dará comezo e rematará a segunda sección. Ambos percorridos pasarán pola Peroxa e Toén.
As dúas últimas seccións percorrerán as estradas de Amoeiro e O Carballiño. A terceira con saída dende o Xardín do Posío e reagrupamento no Carballiño, e a última co fin de rallye no Xardín do Posío da capital ourensá ás 21:00 horas.