OurenseÚltima hora

O 53,46% dos censados na provincia xa votaran ás 18h., un 1,25% máis que no 2019

 

Sobe a participación nestas eleccións en Galicia, segundo reflexan os datos feitos públicos ás 18:30h. desta tarde. Así ás 18h. deste 23 de xullo un 55,96% dos electores censados na comunidade (dato que non inclúe o voto por correo) xa depositaran o seu voto nas mesas electorais, o que supón un 2,70% máis que nas eleccións xerais do 2019.

No caso da provincia de Ourense a participación rexistrada a esa mesma hora era dun 53,46%, un 1,25% máis que no 2019. Destacan especialmente os incrementos de participación de concellos como Montederramo cun 57,73%, un 12,34% máis que no 2019; o do Bolo cun 53,31% (un 7,66% máis) ou o de Trives cun 54,06%  (un 7,21% máis).

Tamén medra a participación en Xinzo de Limia cun 54,31% (+3,47% máis que no 2019), na Rúa cun 52,30% (un 2,87%), en Verín cun 51,92% (un 2,85% máis) ou no Carballiño cun 52,85% (+2,51%).

Por contra baixa lixeiramente a participación na cidade de Ourense cun 49,08%, un 1% menos que nos comicios xerais de 2019.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button