Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O 6º Gran Premio de Montaña A Rúa reúne a 133 participantes

 

Tal e como estaba previsto, ás 8:45 horas desta mañá de domingo arrancaba na praza de Fontei (A Rúa) a sexta edición do Gran Premio de Montaña A Rúa, proba oficial da Federación Galega de Montaña organizada  polo Club Atletismo Rúa.

Unha edición na que se via reducido o número de participantes con respecto á pasada edición malia o bo día que amencía en Valdeorras, fresco pero soleado. En total son 133 os deportistas que se atopan neste momento polo monte da Rúa (Fontei, San Xulián e mesmo Roblido) en plena serra de Cereixido, distribuídos nas catro modalidades.

 

 

Os primeiros en saír eran os participantes na maratón de 42 km, posiblemente a última que se celebre xa que tal como indican dende a organización, son moitos quilómetros que teñen que marcar para pouca participación. De seguido saían os do trail de 24 km, despois os da andaina de 16 km (os que menos inscritos rexistraban nesta ocasión, con apenas 20 inscritos) e por último os do mini trail de 17 km, a proba máis concorrida cuns 40 inscritos.

Coma sempre, hai participantes de Valdeorras e doutros puntos de Galicia, de Asturias, de Castela León, de Maadrid e incluso de Andalucía. E velando pola seguridade, unha edición máis os voluntarios de Protección Civil.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver / Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button