SanidadeÚltima hora

O 90% dos pacientes vacinados a domicilio na provincia contan coa primeira dose

O emprego desde hoxe da vacina monodose de Janssen acelerará o proceso e facilitará o proceso entre a poboación dispersa

 

Cunha cobertura do 90,7%, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras afronta estes días a recta final da vacinación contra o Covid a domicilio das persoas inmobilizadas ou grandes dependentes, que se iniciou o pasado día 5 de abril e que agora se axilizará co emprego, desde hoxe, das novas vacinas monodose de Janssen que farán innecesaria a segunda quenda para este colectivo.

Na actualidade en Ourense 3.446 persoas pertencentes a este colectivo, o 90.7%, xa recibiron canda menos unha dose da vacina fronte a Covid, e so restan por recibila 249 persoas. A vacina empregada ata agora foi a de Pfizer, viais con seis doses e un tempo de viabilidade limitado, unha vez reconstituida, o que dificulta o seu uso en diferentes puntos, e obrigando ademais a inxectar dúas doses, separadas no tempo.

Por elo, esta parte do proceso de vacinación ten sido especialmente complexa na nosa provincia, tendo en conta o volume de poboación a vacinar, 3.798 persoas, e a súa dispersión poboacional, con pacientes en todos os concellos e en moitas ocasións en pequenas localidades do rural alonxadas entre si.

Trinta pacientes xa vacinados con Janssen

A administración da segunda dose a domicilio iniciase precisamente o vindeiro martes en Ourense. Quenda que xa non será precisa nos trinta primeiros pacientes que a recibiron hoxe no seu domicilio, do Punto de Vacinación de Verín, desde onde partiron a distintas localidades dos concellos adscritos como Laza ou Vilardevós.

O proceso de vacinación a domicilio pivota novamente sobre a enfermería de atención primaria en coordinación cos equipos especiais de vacinación covid, que reciben os viais nos Servizos de Atención Primaria, ou puntos vacinais que coinciden coas cabeceiras de comarca e os sete centros de saúde da cidade de Ourense, e os distribúen entre o persoal de cada centro de saúde que parten desde alí aos domicilios dos seus pacientes.

Segundo algúns dos datos recollidos da vacinación deste colectivo, os pacientes vacinados a domicilio son na súa maioría maiores de 70 anos (o 95.6%) e destaca especialmente a alta porcentaxe de maiores de 90, que representan o 41.5% e unha estimable representación de maiores de 100 anos.

Artigos relacionados

Back to top button