OurenseÚltima hora

O actor galego Vicente Mohedano presenta no IES 12 de Outubro o discurshow “Código Alfa”

A actividade desenvolverase os días 16 e 18 de novembro dentro do Plan de Igualdade que se está a implementar este curso neste centro público da cidade de Ourense

O actor galego Vicente Mohedano.

 

Os días 16 e 18 de novembro o actor de Vimianzo, Vicente Mohedano, presentará no IES 12 de Outubro de Ourense o discurshow Código Alfa, unha actividade na que participará o alumnado de ESO e Bacharelato e de Ciclos Medio e Superior deste Centr dentro do Plan de Igualdade do IES, que tenta implementar un ensino igualitario que repercuta no desenvolvemento do alumnado dende unha perspectiva de xénero.

O vimianzés Vicente Mohedano é un actor cunha carreira exitosa como avalan os seus numerosos premios. Cun currículo extenso que abrangue dende curtas ata films, pasando por teatro ou series autonómicas ou nacionais. Pioneiro xunto a Xurxo Mariño en crear un espectáculo didáctico apto para todo os públicos, o discurshow, curioso formato co que comunicar a ciencia, mesturando charla, teatro e divertimento, pero sen abandonar o rigor científico. En Código Alfa: Masculinidade en conflito, masculinidade en construción, aborda un tema complexo. “Homes e mulleres podían entender con facilidade os papeis que debían xogar na colectividade, máis o lento asentamento do feminismo nas nosas sociedades, como elemento democrático incentivador de xustiza e de igualdade entre individuos, é percibido por diversos sectores como unha fonte desestabilizadora que violenta e subverte os consensos tradicionais”, puntulizan dende o Instituto ourensán.

As representacións terán lugar no salón de actos do IES ás 10 e ás 12 horas.

Artigos relacionados

Back to top button