ConcellosÚltima hora

O actor rues Fran Nogueira anuncia a III Festa do Caldo da Portela de Portomourisco prevista para o 22 de febreiro

Imaxe de arquivo de Fran Nogueira nunha cea popular na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cun artista de luxo conta este ano a Asociación A Rabiosa da Portela de Portomourisco (Petín-Larouco) para anunciar a súa Festa do Caldo. O actor Fran Nogueira (nado en Ferrol pero con orixes na Rúa onde vén moi a medudo) protagoniza o spot no que anuncia a través das redes a terceira edición da cita gastronómica que se celebrará o vindeiro sábado 22 de febreiro.

 

 

Será a partir das 14 horas na praza da festa cun menú a base de caldo a esgalla, carne do caldo, torta de roxóns, viño, auga, café de pota e licores.

As entradas da festa (15 euros) estarán á venda ata o domingo 16 de febreiro.

Ver spot publicitario

Artigos relacionados

Back to top button