DeportesÚltima hora

O Adas do Barco brilla nos podios galegos do Trofeo Abanca de atletismo base en pista cuberta

A competición segue en marcha, pero por agora os equipos deste club xa suman dous ouros e unha prata

Equipo do Adas Sub10 masculino, no podio./ Foto: FGA.

 

Sobresaínte actuación dos atletas do Club Adas Cupa do Barco no Trofeo Abanca de atletismo en pista cuberta que se está a celebrar ao longo desta xornada de 11 de decembro en Expourense. Este club valdeorrés participaba con equipos nas seis categorías da proba e, a falta de que se coñezan os resultados das probas Sub12 femininas e Sub14, xa atesouran tres podios galegos.

Así, os atletas do Adas facíanse co título do trofeo na categoría Sub10, ao sumar un total de 47 puntos. Este equipo estaba formado por Roi Gallego Sánchez, Davyd Syniak, Eiden Ferrer Reynoso, David García Carballude, Nicolás Conde Nogueira, Nicolás Eduard Lascu, Leyer López Fernández). Ademais o equipo Sub10 feminino do Adas facíase coa prata nesta mesma competición. Estaba integrado por: Paula Crespo Alonso, Lía Vázquez Da Rocha, Irina Sánchez Yáñez, Carlota Alejandre Lopez, Leire Gil Torres e Iztiar Cid Cecilia.

 

Equipo Sub10 feminino do Adas, no segundo posto do podio./ Foto: FGA.

 

Por outra banda, o Adas colleitaba un novo ouro da man do equipo Sub12 masculino, formado por José Hervella Álvarez, Álvaro Catarino Núñez, Antón Prieto Cortizo, Andrés Álvarez Pérez, Lucas García Rodríguez, Yago García Carballude, Martín Rodríguez González. O equipo feminino do Adas nesta categoría foi quinto.

 

Equipo Sub12 masculino do Adas no podio./ Foto: FGA.

 

Ademais o equipo Sub14 masculino lograba un bronce nesta competición.

O equipo Sub14 masculino dalle ao Adas o seu cuarto podio galego no Trofeo Abanca de pista cuberta

Artigos relacionados

Back to top button