
O Adas Cupa do Barco deixaba clara a súa calidade deportiva no Trofeo Abanca de pista cuberta de categorías base, celebrado na xornada deste domingo en Expourense. Lograba un total de catro podios: dous ouros, unha prata e un bronce.
O derradeiro chegaba pola tarde da man do equipo masculino Sub14, que conseguía un terceiro posto, tras a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, ganadora da cita nesta categoría, e o Real Club Celta.
O equipo Sub14 masculino do Adas estaba formado por: Aarón Pérez, Saúl Crespo, Marcos Basalo, Mateo Valcarce, Paulo Vázquez, Gael Lagadec, Xoel Pungín, Pablo Álvarez, Cristian Catarino e Javier Cid.
Máis información sobre o Adas no Trofeo Abanca:
O Adas do Barco brilla nos podios galegos do Trofeo Abanca de atletismo base en pista cuberta