DeportesÚltima hora

O Adas do Barco, co que compiten atletas triveses, campión galego Sub14 masculino na casa

Publicidade

 

Cun total de 153 puntos, o equipo masculino Club Adas do Barco vén de facerse coa prata no Campionato Sub14 de Clubs que se desenvolvía nesta fin de semana nas pistas barquenses de Calabagueiros.

A ese destacado resultado contribuían ademais dous atletas da Escola Deportiva de Trives, un deles Alejandro Basalo que competía en pértega cun saltó de 1’80, que lle valía o 3° posto e 10 puntos, así como na xavelina, cun lanzamento de 20’39 e un segundo posto (11 puntos). Ademais, o trivés Martín Rey tomaba a saída na carreira dos 1000 obstáculos, cunha crono de 3:56’15 (5 puntos). “A verdade é que me sinto moi orgulloso de adestrar a estes rapaces, son bos deportistas e ademais grandes persoas”, destaca o adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra, que ademais amosa o seu agradecemento ao Club Adas “por tantas alegrías”.

Así o Adas colleitaba un total de 10 podios nas 17 probas do campionato. Ademais dos dous xa citados, o club valdeorrés conseguía os seguintes: Aarón Pérez era 1º en 80 m e 2º en triplo salto, Simón Novoa 1º en 150 m, Pablo Neira quedaba 2º en altura, Sergio Fernández 1º en peso (3 kg) e 1º en disco, Javier Cid 2º en martelo (2 kg) e Mauro A. García 1º nos 2.000 m marcha.

 

Acto de entrega de trofeos aos tres mellores clubs do galego masculino, no que ganaba o Adas./ Foto: FGA.

 

Ademais, en categoría masculina, o Ourense Atletismo lograba a prata neste campionato. Por outra banda, o equipo feminino do Club Adas lograba neste campionato Sub14 por clubs un sexto posto cun total de 53,5 puntos, sendo segundo o CD La Purísima.

Na galería de fotos poden verse os atletas triveses co seu adestrador, Tino Sierra, tras a entrega de premios do campionato, e podio por clubs do galego Sub14.

Fotos da galería: cedidas pola Escola Deportiva de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button