DeportesÚltima hora

O Adas do Barco colleita 9 metais no Campionato de Galicia base de atletismo en pista cuberta

Publicidade

 

Destacada actuación dos atletas do Adas Proinor do Barco no XIV Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 en pista cuberta, que tiña lugar ao longo do 20 de marzo en Expourense. Nesta cita o club valdeorrés sumaba un total de 9 medallas en diferentes categorías e probas.

Entre elas están os dous ouros que lograba Álvaro Catarino nos 50 m (8″04) e na lonxitude Sub10 (3,76). Outras dúas viñan da man de Martín Rodríguez e de Nicolás Eduard (ambos da Escola de Deportes de Trives) que se facían coa prata e o bronce, respectivamente, no peso (1,00 kg) Sub10. Xa en peso (2,00 kg) Sub12 Iván Villarino conquistaba o ouro, cunha marca de 9,57, a mesma medalla que lograba Pablo Neira pero en altura Sub14, cun rexistro de 1.39.

Por outra banda, Sergio Fernánde Pérez conseguía a prata en peso (3,00 kg) Sub14 cunha marca de 10,15; Irina Sánchez o bronce en altura Sub10, con 0,85; e Deva Posada (da escola trivesa) o bronce en peso (2.00 kg) Sub12.

Fotos: Club Adas Proinor.

Artigos relacionados

Back to top button