DeportesEn portadaÚltima hora

O Adas feminino do Barco, prata histórica na Copa España de Clubs en 2º categoría serie B

O equipo valdeorrés sumaba 97 puntos e dominaba en ata cinco probas da competición, celebrada este domingo en Cáceres

Algunhas das integrantes do equipo feminino do Adas co seu presidente, nunha competición tomada na tempada anterior./ Foto: Club Adas.

 

Excelente actuación valdeorresa na Copa España de Clubs, disputada na mañá deste domingo 6 de setembro na Cidade Deportiva de Cáceres. O equipo feminino do Adas competía durante a mañá na categoría segunda serie B desta cita, na que dende as primeiras probas se ía situando entre os primeiros clubs.

Así, o equipo baquense finalizaba a competición logrando un meritorio e histórico segundo posto (con 97 puntos), dentro dos 8 clubs desta categoría. Só se vía superado polo Bahía Algeciras con ata 124 puntos.

A nivel individual sobresaían as vitorias logradas por Lola Bouza na pértega (cunha marca de 3.51), Cristina Trejo en peso (12.60), Belén García nos 400 mv (1:05.13), Paula Iglesias nos 800 m (2:17.24) e Susana Arrúa (4:54.19) nos 1.500 m.

Tamén destacaban o segundo posto de María Fernández nos 400 cun crono de 58.64 e o terceiro de Celia Carracedo nos 5 km marcha (27:21.50).

Artigos relacionados

Back to top button