DeportesÚltima hora

O Adas suma 16 medallas no galego máster de pista cuberta

 

De “chuvia de medallas” cualifica o Adas do Barco os resultados conseguidos polos seus atletas no XXXII Campionato de Galicia Máster en Pista Cuberta, que se celebraba o 27 de febreiro en Ourense. Ata 16 metais recollía o club valdeorrés nesta competición: 14 ouros, 1 prata e 1 bronce.

Así Francisco Bao lograba, na categoría M70, 2 ouros e un bronce (en peso, lonxitud e 60 m, respectivamente); mentres que José Barreiro facíase con 3 ouros en M75 (60, 200 m e lonxitude); Manolo Garcia ganaba 3 ouros en M80 (lonxitude, 60 e 200 m), Mónica Yañez conquistaba 2 ouros en W40 (60v e altura), José Manuel Bao 2 ouros en M65 (60 e 200 m), Fernando González unha plata en M65 (200 m) e Luis Campos en M55 (2 ouros, 60 e 200 m).

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button