A GudiñaConcellosÚltima hora

O alcalde da Gudiña recibe a visita do subdelegado do Goberno en Ourense

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, desprazábase o pasado venres 28 de xullo ao concello da Gudiña para realizar unha visita institucional e reunirse co novo alcalde, Néstor Ogando.

 

 

Nesta primeira visita, o subdelegado xunto ao alcalde analizaron os investimentos do Goberno no municipio: o investimento en alumeado público do IDAE que recibe o Concello ou o Plan Único de Banda Ancha a través do cal na Gudiña, executaranse 83 proxectos de conexión para levar este servizo a 987 vivendas e empresas desta zona.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button