ConcellosO BarcoÚltima hora

O alcalde do Barco reunirase cos rexedores da comarca para propoñerlles un proxecto co que optar a fondos europeos

O Concello barquense acollía hoxe unha reunión organizada polo Eixo Atlántico para analizar o impulso das áreas urbanas funcionais de Galicia

 

Na mañá deste mércores 12 de abril, celebrábase no Concello do Barco de Valdeorras unha reunión organizada polo Eixo Atlántico, para analizar o impulso das áreas urbanas funcionais de Galicia que contou coa presenza de expertos galegos en áreas funcionais como José Luis Méndez Romeu, Pepe Peña e José Manuel, o secrertario xeral do Eixo, Xoan Vázquez Mao e parte da corporación municipal do Concello do Barco co alcalde, Alfredo García, á cabeza.

O propio alcalde explica que o tema xorde hai uuns seis anos cando se convocaron as últimas Edusi, proxectos con fondos europeos para desenvolvemento urbano, aos que só podían presentarse os concellos de máis de 20.000 habitantes “polo que especialmente en Galicia todas as comarcas que teñen unha cabeceira con máis de máis de 10.000 habitantes e un territorio compacto non podiamos acceder”, dixo Alfredo, explicando que daquela, tanto dende a FEGAMP como dende o Eixo Atlántico estiveron traballando neste tema e falando cos responsables de Fomento e mesmo en Bruxelas.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, durante a reunión.

 

De toda esas conversas “sobre que había que imaxinar Europa doutro xeito e non só como grandes cidades senón como territorios compactos hai mes e medio en Culleredo, notificousenos formalmente que Europa aprobara as áreas funcionais, territorios con máis de 20.000 habitantes no conxunto cun núcleo de máis de 10.000 e nós entendemos que Valdeorras e O Barco como capitalidade cumpre perfectamente coas características para presentarnos a un destes proxectos”.

Un dos problemas cos que se atopan é o tempo. “Imos contrarreloxo porque require un traballo previo arduo e non sabemos cando se van convocar, en calquera caso chegamos á conclusión de que O Barco e a comarca de Valdeorras pode presentarse a un destes proxectos de desenvolvemento urbano polo que nos imos poñer a traballar xa”. O rexedor barquense destaca que se trata de cuestións técnicas e “cando teñamos o deseño que queremos de comarca, loxicamente teremos que falar cos alcaldes e convocarei unha reunión antes que empece a campaña electoral para expoñerlles a idea que penso que vai funcionar porque o que fagamos será co obxectivo de que todos gañemos, cada un dos nove concellos, nalgo”.

 

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

 

Pola súa banda, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, adiantou que o primeiro paso será “elaborar unha candidatura no Barco onde se pidan uns fondos importantes para mellorar unha serie de cuestións que teñen que ver coa poboación e incidirán no tema da mobilidade, da socialización do espazo público, na mellora da calidade de vida, reforzo do comercio e da competitividade, así como na introdución de novas tecnoloxías e reforzo das existentes”, dixo, destacando que se trata dun “proxecto de futuro”.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button