CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O alevín Abraham Rodríguez (CD Barco) volve estar convocado coa selección ourensá de fútbol

 

Os xogadores de base seguen dando alegrías ao Centro de Deportes Barco. Un mes despois de asistir ao primeiro adestramento preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol, xunto a outros compañeiros de club como Martín e Leo, Abraham Rodríguez Barreda volve estar entre os convocados a un novo adestramento coa selección ourensá alevín de fútbol.

A convocatoria é para o vindeiro luns 13 de xaneiro ás 17:45 horas no campo de fútbol Monte da Aira en Velle, onde a Selección de Ourense disputarán un partido de adestramento contra o CD Velle.

 

Artigos relacionados

Back to top button