O alumnado de 2ª da ESO do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense está a realizar unha aprendizaxe baseada en proxectos titulada ‘Guerreiro, monxa ou labrego’.
Despois de visitar o Castelo de Monterrey, o convento de Trandeiras e a Torre de Sandiás, a ruta transcorre agora pola cidade con dúas actividades moi interesantes. Unha é O legado dos Franciscanos, ruta que comeza na Catedral de Ourense e acaba no Claustro de San Francisco, e onde se dá un repaso pola historia da orde franciscana na cidade. A outra é un obradoiro de escritura medieval no Arquivo Histórico Provincial, onde fixeron un repaso á escritura deténdose na Idade Media, obxecto do estudo.
Fotos cedidas.