CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado de 4º de ESO emociona no Vía Crucis Vivente celebrado no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Como xa é tradición no centro, na xornada deste 11 de abril, Venres de Dores, no Colexio Diocesano Pablo VI-Fátima da Rúa vivían con intensidade e emoción o Vía Crucis Vivente, unha representación que corría a cargo dos alumnos de 4º de ESO, coordinados polo director, José Fernández de Abajo.

 

 

O acto, que percorreu as distintas estacións do camiño de Jesús cara á cruz, destacou pola súa “coidada posta en escena, a implicación do alumnado e a atmosfera de recollemento que se creou en todo momento”, din dende o centro, loando “cada xesto, cada palabra e cada silencio, cargados de simbolismo e profundidade, convidando a todos os presentes á reflexión”. Con todo, un dos momentos máis impactantes foi a “ambientación musical en directo, interpretada polos alumnos, que achegou aínda máis forza e emoción a cada estación”, aseguran.

 

 

Desde o primeiro instante ata o último, o Vía Crucis deste ano foi “moito máis que unha representación”, din dende o Pablo VI, asegurando que “foi un verdadeiro camiño interior, unha experiencia compartida que nos convida a mirar a nosa vida e a nosa contorna desde o amor, a solidariedade e a esperanza”.

 

 

Por todo isto, felicitan “aos alumnos participantes, ao equipo organizador e a toda a comunidade educativa por facer posible unha actividade que deixa pegada e sentido”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button