Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, celebra o seu 20 aniversario. Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole desde 2006, busca achegar a ciencia á sociedade, en particular ao estudantado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato.
Ademais do concurso de proxectos, convócase o concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2025, que terá lugar en maio. Este certame diríxese a todo o alumnado de Primaria dos centros educativos de Galicia. As propostas deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición da feira, “Neurociencia e saúde mental”.
O prazo para presentalas remata o vindeiro 17 de marzo. Poderanse presentar ata un máximo de dous deseños por persoa, tanto de xeito individual como en grupo. Deberán ser orixinais e inéditos e non ter sido premiados en ningún outro certame. Entregaranse nun folio tamaño A4 e o deseño deberá ocupar alomenos a metade do folio e realizarse sobre fondo branco. Cómpre indicar o título da obra, o nome completo do autor ou autora, o centro educativo ao que pertenece, xunto a un teléfono de contacto e correo electrónico do docente ou titor/a do alumno/a participante.
Un xurado de expertos decidirá a proposta gañadora, que se fará pública a través da páxina web e das redes sociais de Galiciencia. O premiado recibirá camisetas para toda a súa clase de Primaria, con exemplares tamén para os seus docentes e familiares. Así mesmo, distribuiranse camisetas entre o persoal da organización e entre o alumnado que expoña os seus proxectos na feira.



