CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado galego de 2º de Bacharelato e dos ciclos Medio e Superior de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio

Segundo informan dende a Xunta, a decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, na que houbo "un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan"

Alumnado de Bacharelato. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Segundo informan dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de FP “poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio”. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo “un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan”.

Segundo avanzou Celaá, as comunidades “recibirán nestes días recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e para o desenvolvemento das probas de acceso á Universidade. Ademais, a ministra comprometeuse a “enviar tamén nos vindeiros días o protocolo sanitario deseñado polo Goberno central para os centros educativos de Ceuta e Melilla, co obxectivo de que poida servirlles de referencia ás comunidades autónomas”.

Dende a Xunta aseguran que Galicia demandou en reiteradas ocasións un protocolo sanitario específico para o ámbito educativo, avalado polos ministerios de Educación e de Sanidade, como “paso previo para organizar a volta as aulas que, segundo estableceu o Goberno central, podería producirse a partir do 25 de maio nas comunidades autónomas que avancen á denominada Fase 2 do plan de reactivación cara á nova realidade”.

Artigos relacionados

Back to top button