
Ata o sábado 23 de abril poderá visitarse na Casa da Cultura de Viana do Bolo unha completa exposición sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, poeta e escritor valdeorrés homenaxeado polas Letras Galegas 2022.
A exposición guía ao visitante por un percorrido moi especial no que o alumnado dos centros educativos da comarca puxeron imaxes ás “Letras de Florencio”.
Dende o Concello de Viana do Bolo amósase o seu agradecemento “aos cativos e cativas que participaron na realización da exposición e ao CEIP Bibei podemos gozar desta maravillosa mostra”. O seu horario vai de 16:00 a 20:30 h.