CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

“O animal fabuloso” da man de Nate Pazo na Biblioteca de Verín

Avós e netos compartiron unha tarde de manualidades e contacontos na Biblioteca Municipal de Verín. Xuntos, elaboraron figuras de papel e xuntos asistían ao espectáculo animado posto en escena por Nate Pazo (integrante da compañía Sarabela Teatro).

“O animal fabuloso” é un conto adaptado do libro “Olo-olo Iepu-iepu” de Paula Carballeira que narra as experiencias dun grupo de exploradores e exploradoras nunha pequena aldea no corazón de África, que van na procura dun animal fabuloso. Grazas á maxia dos libros, que permite soñar e viaxar a outros lugares, sen fumes e sen contaminación atmosférica e auditiva, Nate levou a cativos e avós a un fermoso lugar de convivencia, ética, respecto e ritmos.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button