CulturaCulturaÚltima hora

O arqueólogo Xurxo Ayán presenta o seu libro “Onde as rúas non teñen nome”

No acto celebrado no Bierzo o autor estivo acompañado, entre outros, por Olga Novo, Paula Carballeira

 

No Campo-Lago de Carucedo (O Bierzo), entre castiñeiros centenarios e acompañado de Olga Novo, Paula Carballeira e o editor, Paco Macías, o arqueólogo Xurxo Ayán presentaba o sábado 7 de agosto o seu libro Onde as rúas non teñen nome. Unha obra escrita en 2007 pero publicada en 2020 da man de Edicións Positivas, na que plasma a súa experiencia durante unha misión etnoarqueolóxica na fronteira entre Etiopía e Sudán, que marcaría por completo a súa forma de entender a arqueoloxía.

 

Xurxo Ayán cos convidados, na presentación do seu libro.

 

Tal como explica o propio autor, no libro fala “na miña lingua materna, de oralidade, de memoria, de identidade, de trauma, de emigración, de guerra. Quizabes seguiremos sen saber como nos chamamos. Pero alomenos poderemos comezar a coñecer ao Outro e, de paso, coñecérmonos a nós mesmos. Coñecérmonos a Nós-outros”.

O acto estivo organizado por O Castiñeiro de Plinio e contou co acompañamento musical do gaiteiro Héctor Silveiro.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button