CulturaCulturaÚltima hora

O artista valdeorrés Enrique Fernández Prada exporá no Casino do Barco

A mostra 'Dende a emoción' poderá verse do 14 ao 29 de outubro

 

Aínda que maioritariamente pinta óleos, Enrique Fernández Prada utiliza tamén outras técnicas (dixital, mixta, acuarela,…) sendo o figurativo o estilo que máis lle gusta, centrándose na esencia humana. “O meu traballo xorde sobre todo a partir da imaxe realista pero tamén moi intelectual na que cada trazo está moi meditado, a través da pintura e tamén do debuxo”, explicaba o propio artista na exposición sobre os seus inicios que en novembro de 2021 presentaba na Casa Tomada, no Barco.

Case un ano despois e tras ter participado na mostra colectiva M.A.R.C.O. en Petín, Enrique chega ata o Casino do Barco de Valdeorras para presentar a súa segunda exposición individual ‘Dende a emoción’.

Tal como e mesmo explica, trátase dunha mistura da idea do mundo interior (a fiestra, os seres queridos, os autorretratos,…) e a realidade do lugar onde habita actualmente. “É un percorrido psicolóxico pero ao mesmo tempo cargado de cor e vivacidade, con moita ilusión polo que está por vir”, asegura, convidando á inauguración que se celebrará o venres 14 de outubro ás 20 horas.

A mostra poderá visitarse ata o 29 de outubro os xoves, venres e sábados de 19 a 21 horas.

Artigos relacionados

Back to top button