DeportesÚltima hora

O atleta Paco Bao (Adas do Barco), nos 10 km nocturnos Proxecto Home de Ponferrada

 

O atleta veterano valdeorrés Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco, segue sumando probas. Nesta fin de semana, despois de participar na tarde do venres na Andaina e carreira de San Xoán no Barco, tomaba a saída o día seguinte nos 10 km nocturnos e solidarios Proxecto Home de Ponferrada.

 

 

 

“Tocaba facer a miña carreira  678, en Ponferrada, o sábado día 24, con moi boa temperatura (36 graos). Gocei e aproveitei para poñerme moreno”, comenta o atleta.  A proba partía do pavillón municipal Lidia Valentín ás 20:30h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button