DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Paco Bao, na Carreradempresas do Porriño

 

Ata terras pontevedresas viaxaba neste domingo 8 de outubro o atleta veterano valdeorrés Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco. Acudía a Porriño para tomar a saída na “Carreradempresas”, unha proba con carácter solidario e cun trazado urbano. “Hoxe tocaba a miña carrera número 685 en Porriño e foi todo ben”, explica este corredor que xa pensa na súa vindeira cita deportiva. Será o 22 de outubro na Carballeira, nunha proba incluída no “Circuíto Correndo por Ourense”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button