AletismoDeportesÚltima hora

O Atletismo Rúa decide cancelar a VII Milla Nocturna A Rua 2020

 

Imaxe dunha edición anterior da Milla Nocturna da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a organizacióin da VII Milla Nocturna A Rua 2020, que encabeza o Club Atletismo Rúa, vén de anunciarse que esta proba “queda suspendida” debido á “situación de pandemia do Covid-19”.

Os organizadores indican que valoraron “todos os escenarios, incluso con protocolo, pero cremos que hai que primar a saúde ante todo”. Ademais os promotores desta proba nocturna de atletismo amosan o seu agradecemento ao “Concello de A Rua, Protección Civil A Rua, Ambulancias Sil, Gadis, Eroski, Tendas Trisport e ao resto de comerciantes e empresas de Valdeorras por este apoio durante estes seis anos”.

A organizanción adianta así mesmo a súa vontade de continuar con este evento deportivo de cara á edición do 2021.

Artigos relacionados

Back to top button