O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana a estrea do filme Misterio en el Pazo, producida por BoscoVision ProduCinema (productora de cine amateur e independente e rodado no Pazo de Torres Agrelo de Redondela e en Vigo, en castelán e galego de forma simultánea.
O filme está baseado nun texto anónimo do século XIX, onde unha moza e os seus amigos descobren o misterio que existe nun Pazo galego con moita historia. Para os amigos de Nerea todo é misterio e aventura, pero para ela é unha experiencia espiritual que nunca esquecerá. Onde a amizade e o compañeirismo conxúgase coa aventura levando a comprender o que realmente sucede nese Pazo.
O proxecto conta cun elenco de novos actores e actrices, non profesionais (Roi López de Ourense, Ana Carreiro e Cayetano Marcote de Vigo; Zaida González, Hugo Piñeiro e Xoán Barros de Moreira, Ponteareas; Andrea López e Laura López de Santiago de Compostela) e está dirixido polo cineasta vigués que rodou moitas películas de cinema amateur en Ourense, Angel Fernández Prado, coa participación na voz en off como narrador de Juan Lago.
Despois de participar en varios festivais onde foi premiada (no Sundance Independent Amateur Film Festival 2022, con 7 mencións e 4º posto; no International Short Film Festival Oberhausen Berlinale 2022, con 4 premios; ou no International New York Film Festival INYFF 2022, con 5 premios). Misterio en el Pazo chega a Ourense co asistencia do equipo artístico e técnico á estrea que será o vindeiro sábado 22 de outubro ás 20 horas con entrada de balde.