DeportesÚltima hora

O Auriense F.G. masculino xógase o liderato este sábado na Illa de Arousa

O equipo feminino do club ourensán xoga o domingo contra as coruñesas Fillas de Breogán
Xogada do Auriense FC masculino.

Despois do parón navideño, o Auriense Fútbol Gaélico regresa á competición nunha intensa fin de semana. O sábado 14 de xaneiro  a partir das 20 horas na Illa de Arousa, o equipo masculino xógase o liderato da 2ª división, contra o Dorna. Primeiro contra segundo, nun partido no que tamén se enfrontarán os máximos goleadores da competición: David Dios e Millán Brea.

O domingo día 15 tocaralle o turno ao equipo feminino do club ourensán, que xogará ás 18 horas na casa, no Campo da Universidade, contra as actuais campionas de liga e Copa: Fillas de Breogán, da Coruña. Aínda que será un encontro “moi complicado, as ourensás queren facer valer o bo momento de xogo e o factor campo, tratando de frear a súa dianteira e sobre todo o tiro a paus”, explican dende o Auriense.

Artigos relacionados

Back to top button