A RúaConcellosÚltima hora

O Autocine da Rúa proxectará “Tiburón”

A sesión será o vindeiro sábado, 1 de agosto, ás 22:30h

As noites de Autocine continúan no concello da Rúa. Este sábado, 1 de agosto, será a quenda de “Tiburón”, do afamado director estadounidense Steven Spielberg. A sesión, non recomendada para menores de 18 anos, será ás 22:30h no Campo de Tiro da Área Recreativa do Aguillón. As entradas teñen un prezo de 5€ por vehículo e pódense mercar xa na Casa Consistorial ou en taquilla o día da proxección a partir das 21:00 h.

Tiburón (1975), considérase un clásico do cine estadounidense e unha das películas máis populares do seu director, Steven Spielberg. Narra a historia dun xigantesco tiburón que ataca aos bañistas das costas de Amity Island. O director da policía local contacta cun biólogo mariño para poder cazar ao animal.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button