A RúaConcellosÚltima hora

O aviso dun incendio nunha cheminea na Rúa mobiliza aos servizos de emerxencia

Os bombeiros na rúa Arnaveca./ Foto cedida.

 

En torno ás 12:30 horas deste luns 28 de febreiro o aviso dun incendio nunha cheminea dunha vivenda na céntrica rúa Arnavena, na Rúa, mobilizaba aos servizos de emerxencia, entre eles os Bombeiros do parque comarcal e a Policía Local ruesa.

Tal como explican os municipais era o propio dono do inmoble quen reaccionaba rapidamente sofocando as chamas cun extintor polo que cando chegaron os bombeiros xa estaba practicamente apagado sen ter que lamentar grandes destrozos. “Foi unha sorte que actuara con tanta premura senón podería ter sido grave”, aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button