Na tarde deste mércores 22 de maio, día grandes das Festas de Santa Rita, o aviso dun incendio nunha vivenda no centro do Barco de Valdeorras mobilizaba aos servizos de emerxercia.
Os feitos sucedían pasadas as 16 horas nun edificio da rúa Eulogio Fernández ata onde se deprazaba a Policía Local do Barco, o GES Valdeorras e os bombeiros. Tal como indican os axentes municipais tratábase dunha tixola ao lume que non revestía maior gravidade.