CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Baranda do Barco recibe unha das axudas da Xunta para “modernizar 46 teatros, auditorios e salas”

Kiko Rivera no Baranda./ Foto cedida.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica na súa web a concesión da primeira convocatoria do programa para a mellora das infraestruturas de artes escénicas e musicais, da que se benefician 26 entidades privadas e 20 públicas.

Trátase da adxudicación de 1,2 millóns de euros en axudas para “modernizar 46 teatros, auditorios e salas de toda Galicia”, entre os que se atops a Sala Baranda do Barco de Valdeorras, a única da provincia de Ourense xunto ao Teatro Principal da cidade das Burgas, tal como aseguran dende o local barquense.

Dacordo cos obxectivos de dixitalización, xestión sostible e respecto ambiental que persegue esta nova vía de apoio, a maior parte dos proxectos subvencionados céntranse na renovación ou instalación de equipos dixitais de iluminación, vídeo e son, así como no reacondicionamiento da caixa escénica ou na mellora dos sistemas de climatización, entre outras accións que deben levar a cabo antes de que finalice 2022. A través delas, conseguirase tamén mellorar as condicións de traballo do persoal técnico e artístico, así como reforzar a calidade na exhibición dos espectáculos diante do público.

En canto á obra que vai acometer o Baranda trátase de modernizar todo o sistema de audio da sala cunha mesa de concertos en directo dixital e poder axudar coa dixitalizacion total da sala. “Melloraremos o sistema de iluminación do escenario e un novo sistema de vídeo dixital para proxeccións”, puntualizan dende o Baranda, asegurando que “con todo o sistema de audio dixital último modelo, tanto os grupos como o publico asistiran a un concerto cunha calidade de son excelente, das mellores da provincia de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button