En portadaÚltima hora

O Barco, A Rúa e Viana do Bolo, en nivel alto de restricións; e Monforte en nivel máximo

Así o vén de anunciar o conselleiro de Sanidade tras a reunión celebrada esta mañá polo Comité Clínico

 

Lixeira mellora da situación do Covid en Galicia cunha incidencia acumulada de 332,74 a 14 días e de 144,61 a 7 días, en ambos casos en descenso. Sinalábao ao inicio da súa intervención o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión do Comité de Clínico celebrada esta mañá.

“A repunta que nalgúns concellos se produciu estes días, como é o caso de Ordes ou de Monforte de Lemos, probablemente estean a ralentizar nesa baixada”, engadía. Ademais indicaba que a “evolución da pandemia en Galicia é desigual en cada concello”, anunciando despois os cambios de nivel nos concellos.

Así a nivel máximo pasarán dous concellos: Ordes e Monforte de Lemos. En nivel alto haberá 30 concellos, entre eles O Barco e A Rúa e, ademais, incórporase Viana do Bolo.

Ademais en nivel medio serán 55 os concellos, entre eles os da Veiga, Allariz, Xinzo de Limia, Ourense, O Carballiño e Verín.

Estes cambios entrarán en vigor ás 00h. do vindeiro sábado.

Cambios de nivel nos concellos por área sanitaria (AS)

– Nivel MÁXIMO
AS Santiago
Ordes
AS Lugo
Monforte de Lemos

– Nivel ALTO
AS A Coruña
Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda

AS Ferrol
Pontedeume, Ares, Cariño,

AS Santiago de Compostela
Melide, Trazo

AS Lugo
Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober

AS Ourense
O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa

AS Pontevedra
Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade

AS Vigo
Nigrán, O Rosal, A Cañiza

– Nivel MEDIO

AS Coruña
A Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso, Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño

AS Ferrol
Fene, Narón, Cabanas, Mugardos, Ferrol

AS Santiago de Compostela
Santiago, Rianxo, Boiro, Silleda, Santa Comba, Oroso, Porto do Son

AS Lugo
Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte

AS Ourense
Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín

AS Pontevedra
A Lama, Marín, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu

AS Vigo
Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén. O Porriño, Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Tui, Tomiño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button