ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco abre a campaña “Mercar no teu comercio ten premio” este venres

Esta iniciativa de dinamización comercial que inclúe premios e sorteo celebrarase do 8 ao 14 de setembro nesta vila. Unha semana despois chegará a Trives

Imaxe da anterior edición da campaña no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A nova edición da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” abrirase na provincia neste venres 8 de setembro no Barco. Esta será a primeira das nove vilas ourensáns nas que se desenvolverá esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade posta en marcha pola Federación Gallega de Comercio e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense, de Abanca e da Asociación O Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

Desenvolverase do 8 ao 14 de setembro e para poder participar nela os clientes deberán “gardar os seus tíckets de compra (por unha compra mínima de 10 euros) para intercambialos por boletos de participación para o sorteo de 1.000 euros en premios, consistentes en 4 tarxetas prepago de 100 euros e de dúas tarxetas de 300 euros. Haberá como máximo un premio por persoa”, tal e como explican dende O Barco CCA.

O sorteo realizarase o último día da campaña, o 14 de setembro ás 20:05h. O intercambio dos tíckets polos boletos poderá realizarse ese mesmo día entre as 18h. e as 20h. na carpa que se instalará na praza Andrés de Prada do Barco. Os premiados poderán utilizar as tarxetas nos comercios da localidade.

Apenas unha semana despois esta campaña recalará na vila de Trives, onde se desenvolverá do 13 ao 19 de setembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button