Este luns 11 de xuño vén abrirse o prazo no Concello do Barco para a presentación de solicitudes de bolsas para a compra de libros e material escolar de educación infantil para o curso 2018-2019.
Para ter dereito a estas axudas, os ingresos familiares terán que ser inferiores a 18.000 euros anuais/netos ou superando esa cantidade non exceda a R.P.C. da unidade familiar de 4.300 euros, entre outros requisitos que aparecen nas bases, segundo se informa dende o Concello do Barco. Estas bases poden consultarse no BOP do 11 de xuño.
As solicitudes poderán presentarse no rexistro de entrada do Concello do Barco nos días hábiles e en horario de 9:00 a 14:00 ou no rexistro electrónico do Concello do Barco (htps://sede.concellodobarco.org). O prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2018.
Calquera consulta ou aclaración en relación coas solicitudes ou documentación a presentar poderá facerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco.