ConcellosÚltima hora

O Barco acolle a presentación da campaña de Nadal de Cáritas Diocesana de Astorga

Os donativos reunidos na mesma dirixíranse a 2 grandes de liñas de acción: a axuda dos palestinos de Gaza e aos fogares de transeúntes da Diócese, tal e como anunciaba o bispo, monseñor Jesús Fernández

 

“Ti tes moito que ver, somos oportunidade, somos esperanza”. É o lema da campaña de Nadal de Cáritas Diocesana de Astorga para este Nadal, cuxo contido se presentaba esta mañá nun acto celebrado no salón parroquial do Barco e que contaba coa asistencia do bispo de Astorga e bispo de Cáritas Española, monseñor Jesús Ávarez; da directora de Cáritas Diocesana de Astorga, Inmaculada del Peso; e do párroco do Barco, coordinador da Unidade Pastoral (UPA) do Barco e presidente de Cáritas Interparroquial nesta vila.

“Neste tempo de Nadal hai moito que ver, sempre o hai, pero quizais a nosa mirada détense sobre todo no espectacular, nas iluminacións navideñas, na música que xa pronto empezará a soar, nos escaparates moi ben presentados para atraer a nosa atención, pero hai outras belezas que quizais non se vexan con outros ollos, pero si se ven cos ollos do corazón. Que é a beleza de moitas persoas que quizais aparentemente non son brillantes pero teñen grandes oportunidades dentro e que están esperando a que alguén lles apoie para que realmente poida medrar como persoas e facer tamén vida social”, aseguraba o bispo de Astorga ao explicar o significado do lema escollido para esta ocasión na campaña.

“Nós aspiramos a ter o corazón grande, que é o corazón de Cáritas e do noso labor, preto dos necesitados. Os que cremos en Xesucrito atopamos nel un modelo a seguir posto que mira con eses ollos do corazón, é moi capaz de percibir a grandeza das persoas, incluso na súa fraxilidade. A súa mirada é profunda”, aseguraba monseñor Jesús Fernández antes de detallar os obxectivos desta campaña que, ano a ano, “en sido decisiva na posta en marcha e mantemento de moitas obras caritativas e sociais na nosa Diócese”.

A campaña deste ano vai ser tamén unha campaña radiofónica os días 18 e 19 de decembro (entre 19h-21h. en Cope) e tamén está a posibilidade de aportar donativos a través das parroquias, nun número de conta ou en bizum. O recadado vaise de dirixir fundamentalmente a dúas liñas de acción. Así o 50% do que se reúna vaise destinar a Cáritas Xerusalém para atender a persoas palestinas. “Ante as necesidades que se están producindo no medio Oriente, en concreto en Israel e na franxa de Gaza, a axuda solitouse á Cáritas española, e nós sumámonos respondendo a ela. A inmensa maioría das persoas que acoden a Cáritas de Xerusalém son palestinos”, indicaba o bispo de Astorga.

Outra das prioridades desta campaña será axudar a fogares de acollida de transeúntes. “Nesta zona non temos fogar, pero podemos ser solidarios co Hogar San Genadio, que está en Ponferrada, que tamén é comedor social, e hai 61 familias que acoden para levarse túpers e poder comer nas súas casas. Alí comen fisicamente unhas 30 persoas cada día e 175 a través de túpers nas súas casas. Ademais durmen unhas 16 persoas cada día”, detallaba monseñor Jesús Fernández, quen resaltaba que os centros deste tipo están vendo como medra cada día o número de persoas atentidas. O bispo de Astorga concluía a súa intervención facendo un chamamento “á solidariedade neste tempo, no que todos podemos desfrutar duns días felices, queremos que tamén esas outras persoas poidan compartir con nós esa alegría, porque teñen moitas posibilidades porque teñen moitas riquezas pero necesitan a alguén que lles axude a sacalas e a facelas realidade no día a día”.

 

 

Nun deses centros, a Casita de San José de Astorga poñía o foco a directora de Cáritas Diocesana de Astorga, “vimos que houbo un repunte un importante das persoas que pasan por alí, do ano 2021 ao 2022 medrou nun 5% aproximadamente e, do 2022 ao 2023 estamos nun 7%, de incremento”, matizaba. E súmase tamén a ese chamamento a colaboración que manifestaba o bispo de Astorga.

Campaña en toda a Unidade Pastoral do Barco

Finalmente, o presidente de Cáritas Interparroquial do Barco, Jesús Álvarez, destacaba que este ano súmanse á campaña de recollida de alimentos todos os supermercados, ou ben poñendo carriños nos seus establecementos ou ben mediante donativos, da Unidade Pastoral, “o centro dela está no Barco pero este ano abríuse a todos os da UPA”. Ademais agradecía a resposta cidadá e tamén explicaba que se está a realizar unha campaña de socios por parte de Cáritas.

Ademais Jesús Álvarez defendía unha “Cáritas a pé de rúa, non é unha Cáritas só oficina, cando a próxima semana veñan ata aquí os alumnos do Colexio Divina Pastora coa súa bolsa de alimentos veremos que iso é unha auténtica catequese, unha ensinanza. Temos que ensinar ás novas xeracións que o espírito do Nadal nón é só espírito de gasto, senón de compartir. Se ao Nadal lle quitamos o sentimento e o compartir, quédase nun puro exhibicionismo de música, de festa gastronómica e de regalos. E, ás veces, o gran regalo é o do corazón, que sexamos acolledores e que teñamos ese espírito. Dende a parroquia farémolo tamén o día da Nadal os nenos virán os seus alimentos e poranos ao pé do neno Xesús”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button